Ábalos pedirá a nulidade da sentenza que o condena a 24 anos de prisión
O exministro de Transportes di que é unha contrariedade que o Supremo non protexese o principio fundamental da presunción de inocencia fronte ao principio de premiar un coimputado delator sen corroboracións, en referencia ao comisionista Víctor de Aldama
O exministro de Transportes José Luis Ábalos pedirá a nulidade da sentenza do Tribunal Supremo que o condenou a 24 anos de prisión pola cobranza de comisións en contratos de máscaras en plena pandemia e para iso alegará vulneración de dereitos fundamentais.
Así o anunciou este xoves na súa conta de X, na que realiza unha valoración da sentenza sobre o caso Máscaras baseada exclusivamente na súa lectura.
"Pedirei a nulidade das sentenza pola que me condenaron a 24 anos de privación de liberdade por incorrer en vulneración de dereitos fundamentais durante a instrución e acabar nunha condena que estaba predeterminada", sinala José Luis Ábalos.
#EnElNombreDeÁbalos | Escucha aquí mi valoración de la sentencia del Tribunal Supremo sobre el “Caso Mascarillas” basada exclusivamente en su lectura.
— EN EL NOMBRE DE ÁBALOS (@abalosmeco) June 25, 2026
+•➤ https://t.co/hqhxrHAa51
Pediré la nulidad de la misma por la que me han condenado a 24 años de privación de libertad, por…
E engade que é unha contrariedade que o Tribunal Supremo non protexese o principio fundamental da presunción de inocencia fronte ao principio de premiar un coimputado delator sen corroboracións, en referencia ao empresario comisionista Víctor de Aldama, condenado a 4 anos e medio de cárcere.
"Este cambio de doutrina xurisprudencial é un retroceso de dereitos grave na historia da democracia", conclúe o exministro.
O exasesor de Ábalos, Koldo García, codenado a 19 anos e oito meses de prisión, xa presentou pola súa banda un incidente de nulidade ante o Supremo, como paso previo a acudir ao Tribunal Constitucional, no que reclama a suspensión da sentenza.