O festival O Son do Camiño anuncia os horarios da súa edición 2026, que ten esgotados os abonos
Celebrarase entre o 18 e 20 de xuño en Santiago de Compostela
O festival O Son do Camiño desvelou os horarios da súa edición 2026, a "máis ambiciosa da súa historia", que ten todos os abonos esgotados.
Nun comunicado, a organización do festival, que se celebrará entre o 18 e 20 de xuño en Santiago, lembrou que quedan poucas prazas dispoñibles para as zonas descanso e glamping.
AQUÍ ESTÁN! Horarios oficiais de #OSDC26 🎡⏰✨
— O Son Do Camiño (@OSonDoCamino) May 7, 2026
Últimas entradas diarias → https://t.co/cIZnfvJelB #OSonDoCamiño pic.twitter.com/zOATT7vl9o
Así, o xoves 18 de xuño actuarán: no escenario Xacobeo de 17:30-18:20 horas The Molotovs; 19:20-20:20 horas Leire Martínez; 21:40-23:10 horas Dani Martín; e de 01:00-02:30 horas Michenlo.
No escenario de Estrella Galicia: 16:55 horas Habló Pablo; 18:20-19:20 horas Barry B; 20:20 - 21:20 horas Carlos Ares; e de 23:30- 01:00 horas Katy Perry.
No escenario Son Electro Repsol: de 19:00-20:30 horas Aida Blanco; 20:30-22:00 horas Supergloss; 22:00-23:30 horas Bárbara Lago; 23:30-01:00 horas MCR-T; 01:00-02:30 horas Dj Gigola, e de 02:30-04:00 horas Héctor Oaks.
Venres 19
Na xornada do venres 19 de xuño subirán ao escenario Xacobeo: de 17:25-18:10 horas D. Valentino; 19:00-20:00 horas Niña Polaca; 21:10- 22:40 horas Biffy Clyro, e de 01:05-02:20 horas The Bloody Beetroots DJ Set.
Pola súa banda, no escenario Estrella Galicia será a quenda: de 16:45-17:25 horas Corella; 18:10-19:00 horas Hoobastank; de 20:00-21:00 horas Sexys Zebras, e de 23:00-01:00 horas Linkin Park.
O escenario Son Electro Repsol acollerá a: de 19:30-21:00 horas Caste; de 21:00-22:30 horas Viviana Casanova; de 22:30-23:30 horas Hoonine; de 23:30-01:00 horas Honeyluv; de 01:00- 02:30 horas Jimi Jules; e de 02:30-04:00 horas Carlita.
Sábado 20
O sábado 20 de xuño no escenario Xacobeo actuará: de 16:35-17:15 horas Sarria; de 18:00 - 18:50 horas Carlangas; 20:00-21:00 horas Mvrk; 22:20-23:20 horas Guitarricadelafuente; e de 00:55-02:25 horas Afrojack.
No escenario Estrella Galicia terán lugar as actuacións de: 17:15-18:00 horas Ortiga; de 18:50- 19:50 horas Dorian; de 21:10-22:10 horas Sen Senra; de 23:30-01:00 horas Lola Índigo, e de 02:25-03:45 horas DJ Snake.
Así mesmo, o escenario Son Electro Repsol acollerá os concertos de: 19:00-20:30 horas Tout Sanders; de 20:30-22:00 horas Bego Martin; 22:00-23:30 horas Perel; de 23:30-01:00 horas Li | Lu, e de 01:00-04.00 horas Patrick Mason House Set B2B HAAi.
A organización do festival destaca que, desde o seu debut en 2018, todas as súas edicións esgota as súas entradas e atrae a miles de asistentes dos cinco continentes e consolida a Galicia como "unha parada imprescindible dentro do circuíto global de festivais".