Publicador de contidos

Publicador de contidos

Grandes nomes da música que virán a Galicia en 2026

Grandes nomes da música que virán a Galicia en 2026

A axenda de concertos dos vindeiros doce meses trae ducias de grandes nomes

Festivais como o Ressurrection e o Atlactic fest son imprescindibles dos seus estilos

Haberá dous grandes eventos no Monte do Gozo

Katy Perry, Iron Maiden ou Juanes encherán o país de ritmos de moda

Brent Gudenschwager/ZUMA Press W/DPA
G24.gal 01/01/2026 14:33

As entradas para o Gozo festival puxéronse á venda hai dúas semanas. No seu programa, Rita Ora, Martin Garrix e, encabezando o cartel, Maroon 5. Será o 11 de xullo.

Para Morriña, A Coruña, no festival que encherá de son latino o Porto da cidade. Alí estará Juanes.

Vilagarcía transformarase na capital do indie internacional por obra do Atlantic Fest, cos imprescindibles desa escena: os escoceses Franz Ferdinand e os irlandeses Two Door Cinema Club.

A capital do rock máis duro é Viveiro dende hai vinte anos. O Resurrection fest trae un enorme cartel do que abrimos boca con dous nomes xigantes: Marilyn Manson e Iron Maiden. 

Linkin Park ten Santiago como unha das paradas da súa xira Europea. Actuarán no Son do Camiño, que de primeiras confirmou tamén a Katy Perry, estrela do pop mundial que neste seu último clip sofre unha serie de desfeitas absurdas, humor ante os amargores eses que agardamos deixar atrás neste ano que entra, coa banda sonora dos grandes artistas que visitarán Galicia.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade