La Pegatina, La M.O.D.A e Honnie, as primeiras confirmacións do SonRías Baixas de Bueu
O resto do cartel sairá proximamente, e a venda de entradas comenzará este mércores, 17 de decembro, ás 12:00 horas
A próxima edición do festival de Bueu celebrarase do 30 de xullo ao 1 de agosto no recinto das Lagoas
Imaxe dun concerto do SonRías Baixas de 2025
La M.O.D.A, La Pegatina e Hoonie son as primeiras confirmacións da próxima edición do festival SonRías Baixas, que cada verán se celebra na localidade morracense de Bueu, e que este ano terá lugar do xoves 30 de xullo ao sábado 1 de agosto no recinto das Lagoas.
Esta selección, segundo a organización, reflicte a vocación do festival: "Combinar os grandes favoritos do público cunha firme aposta polo talento emerxente, o que volve situar o festival como un espazo aberto, sen barreiras nin prexuízos, no que conviven diferentes estilos, xeracións e formas de gozar a música", indican nun comunicado.
💥Primeiro avance de #SonRíasBaixas2026: @estoesLaMODA, @lapegatina e @HOONINE_ son as primeiras confirmacións!
— SonRías Baixas (@sonriasbaixas) December 15, 2025
🎟️ABONOS Á VENDA mércores 17 ás 12:00h en https://t.co/3QATHV2YUA e @enterticket pic.twitter.com/myFcm4vaL8
O septeto burgalés La M.O.D.A regresa ao SonRías co seu inconfundible acordeón, clarinete e mandolina e cun novo disco recentemente publicado; La Pegatina, mestres da fusión de ska, rumba e música festiva, chegan como un dos directos máis divertidos da escena nacional; mentres que Hoonie, o alter ego de Carmen Alarcón, debuta en SonRías Baixas presentando o seu EP 'Una foto al Sol'.
O resto do cartel desvelarase proximamente, e tanto a venda xeral de entradas como a venda do acceso á zona de acampada para as tres xornadas do festival comezará o mércores 17 de decembro ás 12:00 a través da páxina web oficial.