Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o condutor dun vehículo que colidiu contra outro estacionado en Neda

Falece o condutor dun vehículo que colidiu contra outro estacionado en Neda

Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa, que puido sifrir unha indisposición previa

G24.gal 19/03/2026 16:10

Un condutor perdeu a vida ao colidir co seu vehículo contra outro estacionado en Neda.  

Foi un particular quen, dez minutos despois das 13 horas, informou ao 112 Galicia do accidente: un coche colidiu contra outro estacionado cando circulaba polo quilómetro 2 da AC-115, en Neda. Pola natureza do accidente, o propio alertador explicou que podía tratarse dunha indisposición previa do condutor implicado, e que este permanecía inconsciente.

 

De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil de Tráfico.

Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade