Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller falecida nun sinistro na autovía de circunvalación de Vigo

Unha muller falecida nun sinistro na autovía de circunvalación de Vigo

O condutor do segundo vehículo implicado feriuse levemente e non precisou hospitalización

TVG
G24.gal 20/03/2026 08:31 Última actualización 20/03/2026 09:49

Unha veciña do municipio pontevedrés de Mos faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado na VG-20, ao seu paso por Vigo, informou o 112.

O sinistro tivo lugar ao redor das tres desta madrugada á altura do punto quilométrico 11,5, á saída do túnel que conecta a VG-20 coa autoestrada AP-9 en sentido cara a Puxeiros.

Un particular alertou o 112 Galicia da presenza dun vehículo envorcado cunha persoa en estado grave no seu interior. Esta circunstancia está a ser investigada pola Garda Civil, e varias persoas chamaron máis tarde para informar de que un segundo turismo colidira contra o primeiro e había un novo ferido.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, que non puideron facer nada por salvar a vida da condutora e certificaron o seu falecemento no momento.

O ocupante do segundo turismo implicado sufriu lesións leves e foi atendido polos servizos sanitarios no lugar, sen necesidade de traslado hospitalario.

Axentes da Garda Civil de Tráfico fixéronse cargo da investigación para esclarecer as circunstancias do accidente.

A circulación na zona permaneceu afectada ata aproximadamente as seis da mañá, cando se completou a retirada dos vehículos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade