Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mosteiro de Oseira énchese de visitantes no Día do Pai

O mosteiro de Oseira énchese de visitantes no Día do Pai

Nun día festivo con tempo agradable, moitos aproveitan para facer turismo de proximidade

No mosteiro atopamos visitantes de Lalín, da Arnoia ou de Ourense, admirados con ter algo así de impresionante, tan preto da casa

G24.gal 19/03/2026 20:21

Adentrarse no mosteiro de Oseira sempre impresiona, aínda que non sexa a primeira vez.

"Cada vez que veño, e teño vido unhas cantas veces, sempre me gustou moito", asegura unha veciña da Arnoia, de visita en Oseira.

A igrexa é a xoia do mosteiro, explica a guía. Con planta de catedral, policromías murais e unha Virxe de Leite, obra do mestre Mateo. Pero é a sala das palmeiras a que esperta máis admiración.

Vemos moito interese tamén nas antigas canalizacións coas que os monxes traían auga desde a montaña. "Eu son instalador, traballo no aire acondicionado, calefacción, fontanería... e ver estas canalizacións de pedra impresiona", cóntanos un veciño de Ourense.

Actualmente, sete monxes seguen vivindo neste mosteiro cisterciense.

Alfonso Lora Astudillo, monxe de Oseira: "Un privilexio, porque é un sitio precioso, tanto artisticamente coma o espazo natural. Moito silencio".

Paz é a sensación coa que marchan os visitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade