Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a tres anos de prisión o cerebro dun roubo violento a uns anciáns en Boborás

Condenado a tres anos de prisión o cerebro dun roubo violento a uns anciáns en Boborás

Estivo seis anos fuxido da xustiza, ata que o apresaron en Holanda

Os outros tres implicados xa chegaran a un acordo en 2021 para reducir as penas

G24.gal 22/09/2026 13:59

Os feitos aconteceron en maio de 2019 nunha vivenda de Pazos de Arenteiro onde vivía un matrimonio de avanza idade. Dúas persoas, coa cara tapada con pasamontañas, entraron armadas cunha pistola e un coitelo. Apuntaron coa arma na cabeza a coidadora e atárona con bridas, tamén ameazaron á muller e chegaron a dicir que lle cortarían un dedo e o pescozo ao ancián.

Buscaban a chave dunha caixa forte; ao non atopala, fuxiron con 1.500 euros en efectivo e xoias. Vixiando e agardando por eles estaba o home que sentou este martes no banco dos acusados e a súa parella.

A Avogada das acusación particular, Lorena Rodríguez, destaca que foi o que ideou o plan, seleccionou a vivenda e buscou a xente para que levara a cabo o asalto. A súa nai estivera a traballar como coidadora na casa. Tras os feitos, desapareceu.

Estivo máis de 6 anos fuxido ata que o prenderon en Holanda. Ten 32 anos e é natural da República Dominicana. Na vista preliminar recoñeceu os feitos, ao igual que xa fixeran en 2021 os outros tres acusados, condenados a penas de entre catro e tres anos de prisión. Desta volta, tras o acordo entre as partes aceptou unha condena de tres anos.

É a segunda vez que senta no banco dos acusados en tan só dous días despois de que este luns fora xulgado por un delito de tráfico de drogas na cidade de Ourense que se remonta a 2018 e polo que a fiscalía solicita para el tres anos e medio de prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade