Aumenta a videovixilancia nas cidades galegas
A tecnoloxía funciona, pero coa chegada da intelixencia artificial, o escenario tamén cambia
As cámaras poden axudar a resolver delitos, pero tamén poden abrir a porta a unha vixilancia que non sempre vemos nin controlamos.
Medran nas cidades galegas. Estes días en Ourense estanse a instalar 35 novos dispositivos no centro urbano, sen detallar aínda cal vai ser a súa finalidade. Mentres uns valoran positivamente a sensación de seguridade, outros cuestionan se implica un control excesivo de espazos comúns.
En Santiago ou mesmo na Coruña, as imaxes das cámaras foron decisivas para esclarecer delitos.
A tecnoloxía funciona, pero coa chegada da intelixencia artificial, o escenario tamén cambia. Segundo Victor Salgado, experto en dereito dixital "temos xa avanzada a tecnoloxía de recoñecemento facial e outros tipos de tecnoloxía de intelixencia artificial que dende hai anos se está a aplicar en imaxes de todo tipo, pero no ámbito de videovixilancia a nosa lexislac ión é moi protectora e no ámbito de intelixencia artificial está prohibida a videovixilancia con recoñecemento facial en espazos públicos".
Pero sermpre hai excepcións polo que a verdadeira seguridade non está en ter máis cámaras, senón en ter claro quen as controla.