O monte de Santa Trega é o segundo lugar máis visitado de Galicia despois de Compostela
En 2025 recibiu máis de 125.000 visitantes
O segundo lugar máis visitado polos turistas en Galicia, só superado por Santiago de Compostela, é o Monte de Santa Trega, na Guarda. Polo seu mirador de vistas privilexiadas cara Galicia e Portugal, polos seu castros celtas e polo seu santuario pasaron en 2025 máis de 125 mil persoas, unha cifra que podería superarse neste 2026.
Desde os 341 metros que ten de alto o Monte de Santa Trega as vistas parecen debuxadas. A un lado Caminha ou Vilanova de Cerveira, ao outro A Guarda. O Río Miño, que separa Portugal e España, entremétese ata conformar o Atlántico...
"De aquí o mellor so as vistas, a paisaxe. A xente sempre me di amin: traballas no sitio máis fermoso do mundo", conta Abraham Álvarez, que rexenta un posto de agasallos de lembranzas no alto do monte.
Preto do mirador está a pequena ermida de Santa Trega, a que lle da o nome a todo o conxunto histórico e artístico.
"Este é un lugar de moito devoto. De feito o outro día ensináronme as fotos das ofrendas e temos milleiros de fotos de devotos que veñen facer as suas ofrendas e peticións á Santa", explica Juan Luis Martínez, o párroco da Guarda que por selo tutela tamén esta ermida de Santa Trega.
O mirador, a ermida, o viacrucis e o castro celta datado pola arqueoloxía no século I e II antes de Cristo. O ano pasado por aquí pasaron 125.000 visitantes, 8.000 visitas guiadas e uns mil autobuses con excursionistas.