Liberado un condutor que quedou ferido ao saír da vía en Barreiros
O condutor puido falar co 112 e dixo que estaba atrapado e ferido
Foi necesario o uso de material de excarceración para liberar o único ocupante do coche
Un condutor tivo que ser liberado este luns pola mañá en Barreiros (Lugo) ao ferirse cando saíu da vía e quedar atrapado dentro do vehículo.
Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron minutos despois das 06:00 horas e foi o propio sistema de emerxencias eCall do coche o que avisou do incidente. En concreto, o accidente ocorreu no punto quilométrico 519 da A-8, ao seu paso por San Miguel de Reinante, en Barreiros. O condutor puido falar co 112 e dixo que estaba atrapado e ferido.
Por iso, informouse aos Bombeiros de Barreiros e á Garda Civil de Tráfico, foi necesario o uso de material de excarceración para liberar o único ocupante do coche. Finalmente, os servizos sanitarios trasladaron ao hospital o home, que se atopaba consciente, aínda que presentaba varias posible fracturas.