Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor bébedo bate contra unha ducia de coches estacionados nunha rúa da Coruña

Un condutor bébedo bate contra unha ducia de coches estacionados nunha rúa da Coruña

O accidente deixa cuantiosos danos materiais

Non se rexistraron feridos

G24.gal 10/03/2026 14:22

"Viñemos mirar. Pero, ben, a defensa, atrás, un pouco no lateral, manchas de pintura. Pero, en comparación co que teñen o resto dos coches, pódese dicir que libramos".

Así sabía Marta esta mañá que o seu coche era un dos doce sinistrados. O responsable dos cuantiosos danos materiais é o condutor dunha furgoneta amarela, que deu positivo na proba na alcol.

 "Suponse que comezou aí abaixo, foi para arriba, bateu contra o coche que está na esquina, que o estragou todo. E na beirarrúa de enfronte hai outros tres desfeitos". "Teño un cliente afectado polo impacto dun vehículo, esta noite, ás dez".

Pasaban poucos minutos das dez da noite deste luns cando un forte estrondo alertaba numerosos veciños e viandantes.

"Escoiteouse un topetazo e non sabía nin o que fora. Pero esta mañá ao ver o coche, xa souben que fora o de onte".

Malia a impactante escena que deixou o accidente, non houbo feridos.

"Puido ser peor, porque neste barrio hai moita vida e esa rúa que cruza é peonil".

O suceso deixa susto e desgusto no barrio dos Mallos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade