Publicador de contidos

Publicador de contidos

A veciñanza da Agra do Orzán da Coruña reclama un gran parque para o barrio

A veciñanza da Agra do Orzán da Coruña reclama un gran parque para o barrio

Rexeitan o plan municipal que contempla a construción de 400 novas vivendas

G24.gal 25/04/2026 21:08

Na Coruña, os veciños da Agra do Orzán saíron á rúa para esixir un gran parque para o barrio con maior densidade de poboación de toda  a cidade. Hai apenas seis meses ocurreu a supresión do muro que tapaba a única zona verde da zona e asistían ilusionados ao inicio dunhas obras que agardaban como auga de maio. 

Pero o parque que estrearon hai unhas semanas dista moito do que imaxinaran. Critican os accesos, a escaseza de bancos, a ausencia de aseos e de fontes, a inexistente área de xogos para a cativada... Denuncian, en definitiva, que seguen sen o que levan máis de catro décadas reclamando.

Esta tarde maiféstaronse para rexeitar o plan de urbanización municipal que contempla a construción dunhas catrocentas vivendas na área do parque da Agra.

"Estamos falando dun barrio que ten máis de trinta mil habitantes en  medio quilómetro cadrado e é unha densidade de construción impresionante. Como imos permitir que fagan aquí máis edificios?", pregúntase Ricardo Seixo, presidente da asociación veciñal.

A asociación veciñal quere que o solo que agora oculta un novo muro se transforme en espazos de lecer para un barrio afogado polo formigón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade