Publicador de contidos

Publicador de contidos

IV CinVigo, o certame escolar onde os científicos do futuro divulgan o saber na rúa

IV CinVigo, o certame escolar onde os científicos do futuro divulgan o saber na rúa

Esta edición conta con 70 proxectos presentados por 250 estudantes de 34 centros educativos das catro provincias galegas

G24.gal 25/04/2026 22:09

Durante toda esta fin de semana as inmediacións do Náutico de Vigo covértense nun laboratorio científico ao aire libre. Por cuarto ano consecutivo o festival da Ciencia, o CinVigo volve ser o punto de encontro para a comunidade educativa e investigadora galega.

Este certamen está dirixido ao alumnado da ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Os equipos de catro rapaces, os investigadores do futuro, amosan en postos na rúa os seus prototipos ou as súas propostas innovadoras na resolución de problemas.

Na filosofía deste evento organizado polo CINBIO, o Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, está iso de comunicar á xente da cidade os seus avances e como non promover valores como o pensamento crítico e a creatividade. Esta edición conta con 70 proxectos presentados por 250 estudantes de 34 centros educativos das catro provincias galegas.

Con máis postos, con máis xente, con máis éxito, fronte ao mar... O CinVigo segue sendo o mesmo que naceu en 2023: un evento onde a comunidade escolar galega, mestres e alumnos diálogan coa Universidade de Vigo para divulgar a ciencia, creativa, obxectiva e útil para a sociedade. Ciencia ensinada, divulgada, na rúa por os científicos do futuro.

Desde a demostración da linguaxe das plantas, que se comunican entre si mediante compostos químicos ata como o paso do tempo e a chuvia cambia o PH ou os nitratos das fontes de Ponteareas..todos son proxectos científicos feitos por adolescentes nunha época da divulgación nas redes de mensaxes negacionistas dos resultados e utilidade da ciencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade