Ourense celebra unha nova edición da súa Feira da Artesanía
Hai xoias, pezas de vidro, papel, marroquinería e mesmo obradoiros para ver de preto os segredos do seu traballo
A nova edicón da Feira de Artesanía de Ourense conta con catorce artesáns de Galicia, Asturias e Cantabria. Nela, atópanse xoias, pezas de vidro, papel, marroquinería e mesmo obradoiros para ver de preto os segredos do seu traballo.
Encontránse por exemplo, guitarras clasicas, que o seu prezo oscila entre os 3.500 e os 5.000 euros, máis ou menes, recalca o seu fabricante Marcos.
Invisten tempo en investigar, en formarse e por suposto en elaborar cada peza, cun resultado singular que "caracteriza a cada artesán".
"Traballar xoiería a partir de obxectos antigos que transformo, doulle unha segunda vida como culleres antigas de prata, tamén culleres antigas de alpaca bañadas en prata".
Hai tamén artesanía en papel con pezas coas que cada ano tentan sorprender.
"O importante é que sendo papel todas as pezas están bañadas cun produto especial que o que fai é facelas un chisquiño máis reistentes e sobre todo sendo Galicia, que sexan resistentes a auga e se poidan usar aínda que chova, neve ou treboe".
As flores galegas, o toxo ou a herba de namorar serven tamén de inspiración para pezas pintadas a man, as veces con peculiaridades que as fan únicas.
"Hai por exemplo algunhas imperfeccións que non o son, é a marca dun proceso artesanal".
Invitan a fuxir dos deseños máis convencionais, e apostar por aqueles que resulta difícil atopar nas tendas.
"Todo o que facemos é unha peza única porque está decorada cun debuxo a man alzada".
Juan Carlos, chegado dende Cantabria, resume ben o espírito da feira e do traballo dos artesáns.
"Cada un ponlle todo o agarimo e todo o empeño a cada peza".
A feira pode visitarse ata o vindeiro tres de maio.