Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan as circunstancias da morte dun home nun monte de Cenlle

Investigan as circunstancias da morte dun home nun monte de Cenlle

Un familiar alertou o 112 da desaparición do falecido sobre as 16:50 horas na parroquia de Osmo

G24.gal 25/04/2026 21:42 Última actualización 25/04/2026 22:51

Os servizos de emerxencia atoparon o corpo sen vida dun home nunha zona de monte situada na parroquia de Osmo, no concello de Cenlle. As forzas da orde e o médico forense traballan para esclarecer as circunstancias da morte.

Un familiar alertou ao 112 da desaparición do falecido sobre as 16:50 horas. De seguido, activouse un dispositivo de busca que rematou coa localización do cadáver.

No operativo particiou persoal médico do 061, do distrito forestal da zona, axentes da Garda Civil e membros do GES de Ribadavia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade