Publicador de contidos

Publicador de contidos

Millóns de persoas maniféstanse contra Trump nos Estados Unidos

Millóns de persoas maniféstanse contra Trump nos Estados Unidos

O movemento No Kings convocou máis de 3.300 concentracións en todo o país

Condenan o "autoritarismo" que perciben no segundo mandato do presidente

Manifestación en Boston. REUTERS/Brian Snyder. Manifestación en Boston. REUTERS/Brian Snyder.
G24.gal 28/03/2026 22:04 Última actualización 29/03/2026 10:15

Polo menos oito millóns de persoas participaron nas marchas en contra do Goberno de Donald Trump No Kings, segundo a organización e os medios estadounidenses.

O movemento, que engloba decenas de colectivos e activistas demócratas, convocou máis de 3.300 protestas nos 50 estados do país para repudiar o que chama "autoritarismo" de Trump.

Nesta terceira edición, denunciaron a "guerra ilegal" que Trump comezou xusto hai un mes en Irán, o que implicou unha suba dos combustibles e da inflación, alén de reafirmar as súas críticas contra os "abusos" do Servizo de Inmigración e Aduanas (ICE).

Mobilización principal

A mobilización principal congregou decenas de miles de persoas en Mineápolis, a maior cidade do estado de Minnesota, epicentro da indignación nacional contra o ICE e a Patrulla Fronteiriza porque os seus axentes mataron alí os cidadáns estadounidenses Renee Good e Alex Pretti en xaneiro.

A Casa Branca desestimou as protestas, cualificándoas de "sesións de terapia" para o "trastorno por Trump", un termo utilizado polo presidente e o oficialismo para burlarse da oposición.

A organización aínda non entregou as cifras oficiais de participación, pero a presenza de milleiros de persoas en cidades como Nova York, Washington DC, Mineápolis, Chicago e Os Ánxeles apuntan a unha cifra récord.

As manifestacións prodúcense cando a desaprobación a Trump alcanza o maior nivel dos seus dous mandatos. Segundo revela unha enquisa de Fox News publicada o mércores, un 59 % da poboación reproba a súa xestión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade