Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA aumentan a presión sobre Cuba con sancións a varios funcionarios da illa

Os EUA aumentan a presión sobre Cuba con sancións a varios funcionarios da illa

A sancións da Oficina de Control de Activos Estranxeiros do Tesouro estadounidense implican o bloqueo de todos os activos e bens baixo xurisdición estadounidense das persoas ou entidades designadas

O presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, desdeñou este luns a decisión de Washington de sancionar a once altos cargos políticos e militares cubanos con base na Orde Executiva do 1 de maio, que ampliaba o ámbito punible coa conxelación de activos en territorio estadounidense

G24.gal 19/05/2026 08:48

Os Estados Unidos aumentaron este luns a presión sobre Cuba cunha nova batería de sancións que afectan a varios funcionarios da illa, como a ministra de Comunicacións, Mayra Arevich Marín, e o de Enerxía e Minas, Vicente de la O Levy. As novas sancións do Departamento do Tesouro déronse a coñecer pouco antes de que o vindeiro venres, segundo a prensa estadounidense, o Departamento de Xustiza presente unha acusación formal contra o líder cubano Raúl Castro.

Alén dos dous ministros, foron incluídos á lista de sancionados do Tesouro o presidente da Asemblea Nacional de Cuba, Juan Esteban Lazo Hernández; o director da Policía Nacional, Óscar Alejandro Callejas Valcarce, e Roberto Morales Ojeda, membro do Buró Político do Comité Central do Partido Comunista de Cuba (PCC).

Tamén foron designadas a Dirección Nacional de Intelixencia, que se suma a outras entidades do Estado cubano sancionadas como o Ministerio do Interior ou a Policía Nacional Revolucionaria.

A sancións da Oficina de Control de Activos Estranxeiros do Tesouro estadounidense (OFAC) implican o bloqueo de todos os activos e bens baixo xurisdición estadounidense das persoas ou entidades designadas, prohibindo calquera transacción comercial ou financeira con elas.

Esta nova rolda de sancións chega nun momento de máxima tensión entre Washington e A Habana, marcado polo bloqueo enerxético que os Estados Unidos impuxo a Cuba e polas reiteradas ameazas do presidente estadounidense, Donald Trump, de "tomar o control" da illa.

Ademais, o Departamento de Xustiza dos EUA ten previsto presentar o vindeiro mércores, ante un tribunal de Florida, unha acusación formal contra Raúl Castro pola derriba en 1996 de avionetas dunha organización do exilio cubano, cando o irmán menor de Fidel Castro desempeñábase como ministro de Defensa.

No medio destas crecentes tensións, o director da CIA, John Ratcliffe, viaxou a semana pasada á Habana para manter reunións con altos funcionarios do Gobierno cubano. O presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, subliñou este luns que o seu país ten "o dereito absoluto e lexítimo a defenderse" despois de informacións de prensa que apuntan a que A Habana adquiriu 300 drons militases de Rusia e Irán.

Díaz-Canel desdeña as sancións dos Estados Unidos contra once políticos e militares cubanos

O presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, desdeñou este luns a decisión de Washington de sancionar a once altos cargos políticos e militares cubanos con base na Orde Executiva do 1 de maio, que ampliaba o ámbito punible coa conxelación de activos en territorio estadounidense.

"Na dirección do noso partido, Estado, Gobierno e as súas institucións militares, ninguén ten activo ou propiedade que protexer baixo xurisdición estadounidense. O Goberno dos EUA sábeo dabondo, tanto é así que nin sequera hai evidencia que presentar", escribiu o presidente en redes sociais.

Díaz-Canel enmarcou a decisión na campaña de presión dos EUA a Cuba para que opere reformas políticas e económicas no país, que contou con medidas como o bloqueo petroleiro e a Orde Executiva 14404 do 1 de maio que ampliaba as sancións.

"O castigo colectivo ao que están a someter o pobo cubano é un acto de xenocidio que debe ser condenado por organismos internacionais e procesar penalmente os seus promotores", asegurou o mandatario da illa. Ao seu xuízo, "a retórica anticubana do odio" busca "xustificar a escalada" dunha "guerra económica total" contra a illa.

"Por iso si seguiremos denunciando, do xeito máis firme e enérxica, o cerco xenocida que busca estrangular ao noso pobo", agregou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade