Publicador de contidos

Publicador de contidos

A actuación dos gardas forestais foi clave no accidente en que resultou ferido grave o ciclista Samuel González

A actuación dos gardas forestais foi clave no accidente en que resultou ferido grave o ciclista Samuel González

Grazas a eles as lapas do vehículo incendiado non alcanzaron a Samuel, que estaba tendido no chan moi preto do coche

 O vehículo incendiouse logo de levar por diante o ciclista e caer por un noiro

G24.gal 24/04/2026 14:13

Os primeiros minutos foron cruciais para salvar a Samuel do lume. O vehículo incendiouse logo de levar por diante o ciclista e caer por un noiro. Os gardas forestais foron os primeiros en chegar á nacional 120 onde se produciu o sinistro, no concello de Mondariz. Alertounos o lume que avistaron desde a súa base de Queimadelos.

Minutos máis tarde, os bombeiros de Ponteareas, compañeiros de Samuel, sumábanse ao operativo de extinción. 

Samuel continúa ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro nun coma inducido por mor das lesións que lle produciu o accidente, pero, dentro da gravidade, a súa evolución é favorable.

O condutor do vehículo, que triplicou a taxa de alcoholemia na primeria proba e negouse a realizar a segunda, está sendo investigado por catro delitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade