Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspenden o xuízo polo pique da M-30 en que morreu un lugués e amplían a orde de busca do acusado fuxido

Suspenden o xuízo polo pique da M-30 en que morreu un lugués e amplían a orde de busca do acusado fuxido

Un dos dous acusados de homicidio e condución temeraria está desaparecido desde o día que tiña que declarar no xuizo

A vista terá que repetirse por completo no seu día cun novo xurado porque o actual quedou disolto 

 

G24.gal 23/04/2026 15:05

Aos dous protagonistas do pique temerario da M-30 que acabaron provocando a morte dun terceiro condutor tocáballes declarar no xuízo que se celebra contra eles na Audiencia Provincial de Madrid o pasado día 15. Pero xusto esa xornada un dos acusados non compareceu. Tampouco ao día seguinte, así que a xuíza emitiu unha orde de busca e captura a nivel nacional e acordou a suspensión do xuízo unha semana. 

Visto que non houbo resultados, a xuíza decidiu ampliar a orde a nivel internacional e suspender definitivamente o xuízo. Malia que xa se presentaran todas as probas periciais e as testemuñas, a maxistrada acordou disolver o xurado popular e non seguir só contra un dos acusados como pedía o fiscal e as acusacións da familia de Juan Alfredo López, o médico de Lugo que faleceu a raiz do accidente cun dos coches implicados no pique. 

A suspensión obrigará a volver empezar desde cero, cun novo xurado popular, cando se volva reabrir o xuízo. Os dous acusados afrontan ata 15 anos de prisión por homicidio e condución temeraria porque o 25 de xullo de 2021, cando bateron co coche da vítima, ían case a 180 quilómetros por hora nun túnel limitado a 70.

As probas perciais e testificais xa realizadas terán que repetirse cun novo xurado popular As probas perciais e testificais xa realizadas terán que repetirse cun novo xurado popular
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade