Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía amosa o narcotúnel descuberto en Ceuta a finais do mes pasado

A Policía amosa o narcotúnel descuberto en Ceuta a finais do mes pasado

Houbo unha conexión galega, pois, dos 27 detidos detidos, catro foran prendidos en Vigo

A operación continúa aberta e non se descartan novos arrestos

 

G24.gal 24/04/2026 14:28

Estreito, escuro, húmido e con determinados treitos debidamente apuntalados por seguridade. Así é o narcotúnel que a Policía Nacional descubriu en Ceuta o pasado mes de marzo. O acceso estaba nunha nave dun polígono industrial.

As forzas de seguridade difundían este venres as imaxes do seu interior e advertían de que a operación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

Os mandos policiais consideran que a rede desartellada era un dos grupos narcotraficantes máis importantes de cantos operan en España.

Catro das 27 detencións practicadas en marzo se produciron en Vigo, onde se apresaron 228 quilos de haxix, 88 de cocaína e medio millón de euros.

No conxunto da operación, os axentes comisaron 17 toneladas de droga. Este é o segundo narcotúnel que se descobre na zona, moito máis sofisticado que o primeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade