Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha loita contra o reloxo para atender varias parroquias na Baixa Limia

Unha loita contra o reloxo para atender varias parroquias na Baixa Limia

O sacerdote Ramiro Willy López encárgase de once igrexas parroquiais en Lobios e Entrimo

Na diocese de Ourense hai 735 parroquias e tan só 155 curas en activos para atendelas

G24.gal 15/03/2026 20:48 Última actualización 15/03/2026 21:40

A igrexa de Santa María de Río Caldo é a primeira parada do domingo para Ramiro Willy López. Este sacerdote, nado en Bolivia, leva xa once anos na diocese de Ourense, seis na Baixa Limia.

Tras a primeira eucaristía, virán outras tres máis con traxectos en coche de ata dez quilómetros por estradas de montaña entre unha e outra. Unha situación que se complica aínda máis en datas sinaladas cando o número de misas se multiplica.

Atende once parroquias, pero tan só nas máis poboadas ten misa todos os domingos. Ás outras acode cada quince días ou unha vez ao mes. Pero o seu caso non é excepcional.

Ten compañeiros, afirma, que se encargan ata dunha vintena de igrexas. O motivo, o escaso número de sacerdotes. A diocese de Ourense conta con 735 parroquias e tan só 155 curas en activo.

A falta de remuda xeracional pon en perigo un servizo que vai máis alá do relixioso xa que a misa convértese nas zonas rurais en punto de encontro para unha poboación cada vez máis envellecida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade