Cortan un carril da A-6 en Cambre tras bater un camión contra a mediana
Varios particulares e o propio condutor do camión foron os que que deron o aviso do suceso
O condutor dun camión viuse implicado nun accidente este venres na A-6, á altura do concello de Cambre, tras chocar co seu vehículo contra a mediana.
Desde o Centro de Control de Tráfico do Noroeste explicaron a Europa Press que foi pasadas as sete da mañá cando se produciu o sinistro, dirección crecente, en concreto cara a Arteixo. Isto motivou o corte do carril esquerdo.
Á súa vez, desde o 112 precisaron que foron varios particulares e o propio condutor os que informaron de que o camión batera contra a mediana, quedando cruzado na vía o vehículo, que transportaba carne de polo.
Ao lugar trasladáronse membros do servizo de Urxencias Sanitarias 061 para atender ao condutor, así como axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos do servizo de mantemento de estradas.