Falece un ciclista tras sufrir unha caída en Carballo
Os servizos de urxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida nun suceso en que non se viron implicados máis vehículos
Un ciclista, un home de avanzada idade, faleceu este venres en Carballo tras sufrir unha caída, segundo informou o CIAE 112 Galicia, nun accidente no que non houbo máis vehículos implicados.
Segundo informou o 112, o primeiro aviso por este suceso chegou sobre as 13.00 horas, cando un particular contactou con Emerxencias para informar de que un ciclista sufrira unha caída nunha costa empinada, no quilómetro 1 da estrada DP-1914.
O CIAE alertou rapidamente a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo municipal de Protección Civil de Carballo. Cando os medios chegaron ao momento, só puideron confirmar o falecemento do ciclista.