Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Baraxas un octoxenario sueco con 4,5 quilos de cocaína na maleta

Detido en Baraxas un octoxenario sueco con 4,5 quilos de cocaína na maleta

O ancián traía a droga oculta en cilindros de papel desde Costa Rica e tiña previsto introducila en Bruxelas

O xuíz decretou o seu ingreso en prisión

 

Unidade especial da Garda Civil no aeroporto de Baraxas (Foto: Garda Civil/Arquivo) Unidade especial da Garda Civil no aeroporto de Baraxas (Foto: Garda Civil/Arquivo)
G24.gal 25/06/2026 10:20

A Garda Civil detivo no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Baraxas un pasaxeiro de 86 anos e nacionalidade sueca que, nun voo procedente de Costa Rica e con destino final Bruxelas, ocultaba na súa maleta 4,5 quilos de cocaína.

As primeiras pescudas apuntan a que o ancián arrestado sería captado por unha organización de narcotraficantes pola súa precaria situación económica e de saúde. A cambio de diñeiro, encargaríanlle realizar varias viaxes con droga a Bogotá, Dubai, Barcelona e Madrid.

Estas redes delituosas operan de xeito masivo utilizando tácticas de enxeñería social para captar persoas vulnerables a través de canles directas como WhatsApp, SMS e redes sociais.

Segundo informa a comandancia da Garda Civil, o arresto practicouse o pasado 5 de xuño, cando axentes da Unidade de Fiscal e de Fronteiras de Madrid detectaron unha maleta procedente de San José (Costa Rica), con destino final Bruxelas (Bélxica), que era susceptible de conter substancias estupefacientes no seu interior.

Tras localizar o pasaxeiro e proceder á apertura, acháronse no interior 4.555 gramos de cocaína, distribuída en 9 cilindros envoltos en papel.

Despois de ser posto á disposición da autoridade xudicial competente, decretouse o ingreso en prisión do pasaxeiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade