Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acepta 3 anos de cadea por vender droga ás portas dun centro de desintoxicación de Vilagarcía

Acepta 3 anos de cadea por vender droga ás portas dun centro de desintoxicación de Vilagarcía

O Ministerio Público solicitaba para el unha pena de 6 anos e medio 

G24.gal 23/06/2026 11:38

Un home aceptou 3 anos de cárcere como autor dun delito contra a saúde pública por vender droga ás portas dun centro de desintoxicación de Vilagarcía. A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenouno tamén ao pago dunha multa de 32 euros nunha vista de conformidade celebrada na mañá deste martes na capital pontevedresa.

Segundo se recolle no escrito de acusación da Fiscalía, o home entregou 111 miligramos de cocaína a cambio de 10 euros a outra persoa, portando tamén 152 miligramos de heroína.

O Ministerio público solicitaba para el unha pena de ata 6 anos e medio de cárcere.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade