Publicador de contidos

Publicador de contidos

Doce anos de cadea para o armador do barco Simione por transportar 3.000 quilos de cocaína

Doce anos de cadea para o armador do barco Simione por transportar 3.000 quilos de cocaína

A sección quinta da Audiencia de Pontevedra con sede en Vigo tamén o condenou o pago dunha multa de 600 millóns de euros 

A Sala impón aos tres tripulantes do buque penas de prisión de entre sete anos e medio e dez anos e multas que van desde os 220 aos 500 millóns de euros a cada un deles

O armador do Simione no xuízo celebrado en Vigo. Europa Press (Arquivo). O armador do Simione no xuízo celebrado en Vigo. Europa Press (Arquivo).
G24.gal 18/06/2026 15:14

O armador do barco Simione, Pablo G. F., foi condenado a doce anos de cárcere acusado de transportar preto de 3.000 quilos de cocaína en decembro de 2022, cando o buque foi abordado en alto mar.

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenoulle tamén ao pago dunha multa de 600 millóns de euros por organizar ese transporte desde África.

Delito de extraordinaria gravidade contra a saúde pública

Na sentenza que divulgou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os maxistrados consideran probado que o acusado cometeu un delito contra a saúde pública, na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde, concorrendo o subtipo agravado de extraordinaria gravidade, en atención á cantidade de droga incautada e ao uso de embarcacións como medio de transporte.

A Sala impón aos tres tripulantes do buque, como autores do mesmo delito, penas de prisión de entre sete anos e medio (para un deles por confesión tardía) e dez anos, con multas de entre 220 e 500 millóns de euros a cada un deles.

Ademais, condena a outro acusado, que recoñeceu a actividade de provisión e lucrativa distribución de estupefacientes no mercado ilícito, a seis anos de prisión e ao pago dunha multa de 230.000 euros polo delito contra a saúde pública.

O armador organizou o transporte da droga desde Angola 

Os maxistrados afirman que o principal acusado "na súa condición de armador" organizou a saída do buque do porto de Luanda (Angola), encargouse de prover o barco de tripulación -entre os que estaban dous dos condenados- e exerceu "o control e dirección da embarcación a través de comunicacións diarias" cun dos tripulantes.

O 28 de novembro de 2022, o armador, segundo consta no fallo, viaxou a Dakar (Senegal) "a fin de coordinar o atraque da embarcación, xestionar a reposición de combustible, a carga de víveres e o embarque de novos tripulantes", entre os que se atopaba o terceiro condenado, que tamén era "coñecedor da finalidade ilícita da travesía".

Os 115 fardos de cocaína foron cargados no Simione ao sueste de Cabo Verde  

O tribunal relata que a principios de decembro de 2022, o Simione partiu do porto de Dakar, tripulado unicamente polos tres acusados, quen, seguindo as coordenadas que previamente facilitara o armador, navegaron ata o punto convido ao sueste das illas de Cabo Verde, onde recibiron doutro barco non identificado o cargamento de cocaína.

Despois, emprenderon rumbo cara ás costas españolas e o armador mantivo o control da singradura da embarcación a través das comunicacións diarias.

O valor da droga no mercado negro era de 106 millóns de euros 

A Sala destaca que a droga, distribuída en 115 fardos, que contiñan un total de 2.949 paquetes, tiña un peso neto de 2.866,52 quilos e unha pureza do 77,3 %, cun valor estimado no mercado ilícito de máis de 106 millóns de euros.

Na sentenza, os maxistrados desestiman as alegacións de nulidade da validez das probas obtidas durante a investigación, aínda que o fallo pode ser recorrido ante a Sala do Civil e Penal do TSXG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade