Publicador de contidos

Publicador de contidos

As herbas de san Xoán, unha tradición que se mantén viva

As herbas de san Xoán, unha tradición que se mantén viva

A tradición manda poñer as herbas á noite baixo o orballo, para despois lavar a cara coa auga perfumada o propio día 24

(TVG)
G24.gal 23/06/2026 10:31

Achégase a noite do san Xoán e, ademais das cacharelas e as sardiñas, a tradición manda poñer as herbas á noite baixo o orballo, para despois lavar a cara coa auga perfumada o propio día 24.

Nas herbas de san Xoán hai sete variedades que se repiten case sempre, pero despois, dependendo da zona, engaden outras. 
 

En moitos lugares a tradición foi esmorecendo, e a Asociación Vai polo Río, de Pontevedra, trata de mantela viva. 

E despois de usar esa auga sobre a que caera o orballo para lavar a cara na mañá de San Xoán, secábanse as herbas para despois queimalas. 

Agora cada quen adapta a tradición ás súas posibilidades e en moitos mercados xa se poden comprar as herbas preparadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade