Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous tremores case seguidos déixanse sentir na área de Tordoia

Dous tremores case seguidos déixanse sentir na área de Tordoia

O 112 Galicia informou de que este tremor motivou a chamada dun particular á central de emerxencias, aínda que non se rexistraron danos

Ás 05:50 da madrugada, un punto moi próximo rexistraba unha réplica, en superficie, de magnitude 2,3

G24.gal 23/06/2026 09:48

O concello santiagués de Tordoia rexistrou esta madrugada dous tremores de terra separados por menos de 20 minutos que puido sentir a poboación.

Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro dos tremores, de magnitude 3,3, tivo lugar sobre as 05:31 e puido sentirse en varias localidades da zona, como Carballo, Coristanco, A Laracha, Cerceda, Portomouro, Val do Dubra, Carral, Zas ou Benvibre, e mesmo en áreas máis afastadas como Santiago de Compostela ou Arteixo.

O 112 Galicia informou de que este tremor motivou a chamada dun particular á central de emerxencias, aínda que non se rexistraron danos.

Menos de 20 minutos despois, ás 05:50 da madrugada, un punto moi próximo de Tordoia rexistraba unha réplica, en superficie, de magnitude 2,3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade