Morre unha muller de 74 anos logo de ser rescatada da auga nunha praia de Boiro
Os servizos sanitarios tentaron reanimala na area, pero non lograron salvarlle a vida
Efectivos da Policía Local e a Garda Civil xunto ao cadáver (TVG)
Unha muller de 74 anos morreu este mércores na Praia Xardín, en Boiro. Pasados uns minutos das 19 horas, un particular alertou ao 112 Galicia de que sacaran unha persoa da auga, e que trataban de reanimala sobre a area.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro. Tamén se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou ata o lugar o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago mais, malia os esforzos, só se puido confirmar o falecemento da persoa.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa que perdeu a vida en Boiro.
— 112 Galicia (@112Galicia) May 27, 2026
📍 Praia Xardín.
➡️A vítima foi sacada da auga, aínda que nada se puido facer para evitar o seu falecemento.
🔗 https://t.co/BmIUMIWOMG pic.twitter.com/jq4AYM5SoL