Estabilizado, tras queimar 30 hectáreas, o incendio de Monfero que chegou a Guitiriz
Para a extinción mobilizáronse catro helicópteros, catro avións, un técnico, oito axentes, 12 brigadas, sete motobombas e dúas pas
Controlado o incendio de Taboada con 40 hectáreas calcinadas
O incendio forestal orixinado no concello coruñés de Monfero quedou estabilizado ás 19.40 deste mércores tras queimar 30 hectáreas, parte delas do municipio lucense de Guitiriz, de acordo cos últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural.
O lume, que se orixinou no lugar do Alto de Xestoso, estendeuse ata alcanzar a esa localidade limítrofe. Para a súa extinción mobilizáronse un técnico, nove axentes, dezasete brigadas, sete motobombas, dúas pas, catro helicópteros e catro avións.
Dáse por controlado o do municipio lucense de Taboada
A Consellería de Medio Rural informou que está controlado o incendio de Taboada, en Lugo, que afecta a unhas 40 hectáreas.
O lume forestal, rexistrado ás 16:44 horas do martes na parroquia taboadesa de Insua, quedou estabilizado ás 22:26 horas do mesmo día.
Para extinguilo mobilizáronse catro técnicos, 14 axentes, 29 brigadas, 21 motobombas, tres pas, oito helicópteros e seis avións.