Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia ofrece máis apoio para loitar contra os incendios en España

Galicia ofrece máis apoio para loitar contra os incendios en España

A conselleira do Medio Rural aclara que mobilizará máis medios en función das analises técnicas dos riscos e da situación en Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo as declaracións desde a praza do Obradoiro A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo as declaracións desde a praza do Obradoiro
G24.gal 25/07/2026 11:52

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou que Galicia ten "capacidade de mobilizar a máis persoas" para combater os grandes incendios forestais que afectan a Ávila e a Madrid.

En declaracións na Praza do Obradoiro antes de participar na Ofrenda ao Apóstolo Santiago, a conselleira explicou que a Xunta respondeu o xoves a unha petición de Castela e León para enviar 14 persoas desde O Barco a Bembibre.

Tras iso, o pasado venres o Goberno central solicitou medios para Ávila e Madrid, ante o cal Galicia despregou a máis de 60 persoas sobre o terreo, no que cualifica de situación "complexa".

Explica que o persoal galego foi enviado ao incendio de Ávila. Así, a conselleira sinala a posibilidade dun maior apoio en función das análises de riscos que realizan os técnicos que deciden os dispositivos.

"Sabemos ben o que é ter que pedir axuda", afirma Gómez. "Estamos ao seu dispor, igual que o ano pasado axudáronnos elas a nós", di sobre outras comunidades.

De tal forma, envía unha mensaxe de solidariedade de Galicia a todas as comunidades afectadas por grandes lumes e pide máxima precaución á cidadanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade