Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

Iniciouse o martes pola tarde na parroquia de Bastavales, preto do municipio de Ames

Os servizos contrincendios dan por controlado o foco declarado en Ribas de Sil (Arquivo/Rosa Veiga/Europa Press) Os servizos contrincendios dan por controlado o foco declarado en Ribas de Sil (Arquivo/Rosa Veiga/Europa Press)
G24.gal 15/07/2026 11:09

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión quedou controlado sobre as 00:30 horas da madrugada do mércores tras queimar unhas catro hectáreas.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o incendio iniciouse ás 19:20 do martes na parroquia de Bastavales, nas proximidades do municipio limítrofe de Ames.

Nos labores para apagar as chamas traballaron de forma acumulada: cinco helicópteros, dous avións, 16 motobombas, 21 brigadas e 10 axentes, entre outros.

Continúa controlado o de Ribas de Sil

Mentres, continúa controlado desde o martes o incendio rexistrado no municipio lucense de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, tras afectar a unha superficie de 180 hectáreas.

O lume iniciouse na tarde do sábado. Foi necesario declarar a Situación 2 de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha medida operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo.

Ademais, o pasado martes quedou extinguido o incendio forestal rexistrado nos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe, que se fusionou nun único lume, tras afectar a unha superficie de 228,58 hectáreas, das que 177,8 foron de monte arboredo e os 50,78 restantes de raso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade