Os bombeiros dan por estabilizados os incendios forestais de Cataluña e Aragón
A evolución dos incendios en España é favorable, pero o risco segue sendo alto
Despois de dous días ardendo, os bombeiros da Generalitat conseguiron estabilizar o incendio forestal declarado na localidade tarraconense de Aiguamúrcia e que, segundo todos os indicios, foi provocado.Os 220 veciños das urbanización máis próximas ao perimetro do incendio que foron evacuados puideron xa regresar aos seus fogares.
Quedou tamén sen efecto o confinamento de máis de 2.000 persoas residentes en cinco concellos tarraconenses.
O lume afectou a unhas 155 hectáreas, na súa maioría forestais.
Nas últimas horas temén quedou estabilizado o incendio de Lladurs, en Lleida, que arrasou outras dúas hectáreas de monte.
Na veciña comunidade de Aragón, o incendio declarado o domingo na comarca turolense do Matarraña quedou perimetrado a primeiras horas deste martes. Oito brigadas de bombeiros e oito autobombas continúan traballando para sufocar o incendio que afectou a unhas 300 hectáreas.