Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio de Guntín tras arrasar 32 hectáreas

Extinguido o incendio de Guntín tras arrasar 32 hectáreas

O foco, declarado na parroquia de Sirvián, quedou cotrolado o mércores pola tarde e sufocado a medianoite

EFE/Eliseo Trigo EFE/Eliseo Trigo
G24.gal 09/07/2026 09:13

A Consellería do Medio Rural asegura que quedou extiguido o incendio forestal declarado no municipio lucense de Guntín, na parroquia de Sirvián, despois de arrasar 32,37 hectáreas de superficie.

O lume comezou este martes ás 16:17 horas e, despois de traballaren durante toda a tarde e pola noite, os medios de extinción dérono por estabilizado o mércores pola mañá, ás 08:13 horas.

Máis tarde, a Consellería do Medio Rural confirmou que o incendio quedou controlado ás 16:22 horas do mércores e extinguido a medianoite, ás 00:23 horas.

Para a súa extinción, a Xunta de Galicia mobilizou dous técnicos, 20 axentes forestais, 23 brigadas, 20 motobombas e tres escavadoras, que combateron o lume en terra. Desde o aire, sumáronse ao operativo 5 helicópteros e tres avións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade