Un incendio calcina unha vivenda do barrio coruñés de Mesoiro: "Había tempo que viamos que isto podía pasar"
Un incendio calcina unha vivenda do barrio coruñés de Mesoiro: "Había tempo que viamos que isto podía pasar"
As lapas propagáronse polas trastes acumulados dentro e fóra da casa
O fume e o ruído do incendio sobresaltaron os veciños de Mesoiro á hora da cea.
O habitante non estaba, pero o lume correu rápido entre a inxente cantidade de trastes almacenados dentro e fóra do inmoble. De feito os veciños levaban tempo denunciando a situación porque o home acumulaba todo tipo de utensilios traídos dos contedores, dentro da casa e tamén na beirarrúa
O coche aparcado na entrada tivo que ser retirado para rematar a extinción.
Polo mañá os bombeiros regresaron porque o lume se reavivou despois de que, ao parecer, alguén remexera entre os entullos. Para os veciños, esta é a crónica dun incendio anunciado.
A primeira hora da mañá os Servizos Sociais do Concello falaron co home, que aceptou a alternativa habitacional que lle propuxeron. En Mesoiro agardan que reciba a axuda que precisa e que non haxa novos sustos que poidan acabar en traxedia.