Cargando resultados...
Alarma polo incendio dun colector en pleno centro de Pontevedra
A veciñanza reaccionou con rapidez evitando que o lume se propagase a outros colectores, mentres avisaban aos bombeiros
G24.gal
06/07/2026 12:58
Vaia susto levaron veciños e viandantes da rúa Benito Corbal de Pontevedra ao escoitar a explosión dun colector de lixo de papel que produciu un incendio en plena rúa. A veciñanza reaccionou con rapidez evitando que o lume se propagase a outros colectores, mentres avisaban aos bombeiros de Pontevedra, que sufocaron o incendio e refrixeraron a zona. Os indicios apuntan a unha cabicha mal apagada ou un recipiente de aerosois como posibles causas.