Publicador de contidos

Publicador de contidos

Toda España en alerta por calor extrema, con 15 comunidades autónomas en nivel laranxa

Toda España en alerta por calor extrema, con 15 comunidades autónomas en nivel laranxa

Ata os 42 graos de temperatura chegarán este luns en Zaragoza, Córdoba e Sevilla

G24.gal 06/07/2026 13:59 Última actualización 06/07/2026 14:12

A vaga de calor entra no seu momento crítico en España, con todas as comunidades autónomas en alerta laranxa ou amarela. Ata os 42 graos de temperatura chegarán esta tarde en Zaragoza, Córdoba e Sevilla.

Quince comunidades autónomas manteñen este luns activada algunha alerta na maior parte do seu territorio por calor extrema, en moitos casos de cor laranxa. Noutras dúas, Murcia e o arquipélago balear, o nivel da alerta so é amarelo. Nos vales do Ebro e do Guadalquivir poderían chegar puntalmente aos 42 graos de máxima.

"Horroroso, cariño, na casa sen saír".
"Acordo máis veces. Eu normalmente sempre durmo do tirón e e de repente digo: Oh, que hora é?".
"Un paseo pola mañá e refrescarse. E pola tarde metido na casa porque non se pode saír".

En moitas partes do país, as máximas superarán os 38 graos e os 40 nos vales do Texo e do Guadiana, no norte de Xaén, no cuadrante sueste e nas zonas baixas do Pireneo catalán. Ata 39 graos subrirán os termómetros en Madrid, agás na serra, onde non superarán os 37, e no Cantábrico oriental.

"Temos calor, confiemos que esta vez o (vento do) norte acompañe un pouco máis".

Nas Canarias subirán lixeiramente as temperaturas, con mínimas que non baixarán dos 20 graos no sur da illa de Gran Canaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade