Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os toldos convértense na mellor alternativa contra a calor

Os toldos convértense na mellor alternativa contra a calor

Moitos locais téñenos instalados para reducir a temperatura no interior

G24.gal 06/07/2026 14:19

Coa chegada da calor, son moitos os que buscan alternativas para rebaixar as temperaturas no interior das casas ou nos locais. E aí é onde entran en xogo opcións coma os toldos ou as persianas. Dependendo do material, podemos chegar a baixar incluso oito graos.

"Depende de se son translucidos ou opacos. Os translucidos pode andar entre dous ou cinco graos. Se son opacos máis, poden ser sete ou oito", comenta Xosé Gesto, traballador da empresa Alumat de Lugo.

No sur de España están moi estendidos, pero en Galicia cada vez son máis habituais, iso si, un tipo en concreto, os estores. E, ollo, nalgúns casos temos que pedir permiso antes de colocalos.

"Estivemos moitos anos sen poder poñelo. O edificio non o permitía. Ao final cambiou o presidente e xa puidemos poñelo", confirma Santiago Zuasti, do autoservizo Pankonké?.

En países europeos como Francia ou Bélxica o seu uso non esta tan estendido coma en España. Así que á hora de convivir coa calor, partimos con vantaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade