Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segue a alerta vermella por calor en 46 municipios galegos: consulta as zonas afectadas

Segue a alerta vermella por calor en 46 municipios galegos: consulta as zonas afectadas

Suspéndese a actividade deportiva federada no exterior de 12:00 a 20:00 horas nas zonas afectadas pola alerta

Rueda chama "á prudencia e á racionalidade" no uso da auga

A xornada do domingo deixa temperaturas máximas de 42 graos en Ourense e Arnoia

Toda España en alerta por calor extrema, con 15 comunidades en nivel laranxa

G24.gal 05/07/2026 18:02 Última actualización 06/07/2026 14:21

A Xunta manterá este luns a alerta vermella polo episodio de calor en 46 municipios de Galicia. 

​​​​​

Concretamente, a alerta vermella afectará ao centro da provincia de Lugo e á montaña de Ourense

Asemade, establécese o nivel laranxa nas zonas do interior da Coruña, montaña de Lugo, sur de Lugo, Valdeorras e interior de Pontevedra.

No marco do Plan de Actuacións do Goberno autonómico fronte aos posibles efectos da calor sobre a saúde, declárase o nivel amarelo nalgunhas zonas do Miño de Ourense.

No caso do deporte, a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, determinou a suspensión da actividade deportiva federada no exterior este luns de 12:00 a 20:00 horas nas zonas afectadas pola alerta vermella.

A calor destes días é xa un problema de saúde pública.

Móstrano as cifras: nos primeiros días de xullo houbo seis falecementos en Galicia atribuíbles ás altas temperaturas. E máis dun cento dende principios de maio. 

Lixeiro descenso térmico na costa

As máximas descenderán lixeiramente no litoral, tamén pola entrada de néboas nas primeiras horas da xornada.

As temperaturas máximas previstas para este luns oscilan entre os 41 graos de Ourense, 38 de Lugo e 34 de Santiago e os 31 de Ferrol, 29 de Pontevedra, e os 27 de Vigo e A Coruña

No tocante ás mínimas, non baixarán de 19 e Ourense e Santiago, de 17 en Ferrol, de 16 en Pontevedra e na Coruña e de 15 en Lugo e Vigo. 

O martes baixan as temperaturas

Para o martes, Meteogalicia avanza que se debilitará a influencia anticiclónica sobre Galicia, polo que haberá un moderado descenso das temperaturas e néboas localmente persistentes no litoral, con ceos máis abertos no interior.

As máximas serán de 37 graos en Ourense, 34 en Lugo, 31 en Santiago de Compostela, 25 en Pontevedra, 24 en Vigo, 23 en Ferrol e 22 na Coruña

Rueda chama "á prudencia e á racionalidade" no uso da auga

O presidente da Xunta fixo un chamamento este luns "á prudencia e á racionalidade" no uso da auga, sobre todo polas altas temperaturas destes días e ante a ausencia de previsión de precipitacións.

Tras a reunión semanal do Goberno galego, Rueda dixo que en caso de continuar con esta situación meteorolóxica a Xunta non descartaría "nalgún momento" emitir unha prealerta por seca onde teñen competencias que é a conca Galicia Costa, polo que insistiu na necesidade de facer un uso racional e medido da auga.

"A auga sempre é un ben escaso en todas partes, tamén en Galicia, polo que é preciso un uso prudente", insistiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade