Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba a que será a primeira lei en España contra a violencia dixital

A Xunta aproba a que será a primeira lei en España contra a violencia dixital

Alfonso Rueda defende actuar contra as novas formas de violencia machista

G24.gal 06/07/2026 13:53 Última actualización 06/07/2026 14:32

O Consello da Xunta aprobou este luns o proxecto de lei de medidas integrais contra a violencia dixital, que se converterá na primeira de toda España neste ámbito.

"Os novos perigos con respecto á violencia machista tamén chegan ás redes", explicou o presidente da Xunta Alfonso Rueda, quen defendeu que hai que seguir loitando contra esta nova cara da violencia de xénero.

Rueda destacou que este texto está destinado a seguir avanzando na prevención e loita contra a violencia machista.

A Conselleira de Política Social e Igualdade Fabiola García destacou que en Galicia tomamos a dianteira neste ámbito e dixo que contaba con que a norma, que agora pasará ao Parlamento, estea aprobada este ano.

García detallou o percorrido desta norma desde que en setembro do ano pasado se iniciaran os trámites, presentándoa a consulta pública, e ademais das achegas realizadas, destacou como enriquecedoras as reunións con vítimas e os seus familiares para coñecer de primeira man cales son as súas demandas, que serviron para apontoar o texto.

A conselleira sinalou catro obxectivos principais da lei: establecer os principios reitores de actuación, regular medidas de sensibilización, prevención e detección, promover de forma permanente persoal tanto da Xunta como das forzas e corpos de seguridade do Estado, e establecer medidas de protección e apoio a todas a vítimas.

A lei establece a inclusión obrigatoria de contidos formativos en competencia dixital nos currículos de todas as etapas educativas non universitarias.

Ademais vaise elaborar un plan contra o acoso escolar e o ciberacoso e promover acordos con persoas e empresas que ofrecen servizos a través de Internet, con dous obxectivos: elaborar e aplicar medidas de sensibilización e prevención e establecer criterios e mecanismos áxiles para a denuncia e a retirada de contidos relacionados co acoso e a violencia dixital.

Ademais está prevista a posta en funcionamento dun servizo gratuíto para o borrado da pegada dixital.

Tamén se vai crear un servizo de balde de asesoramento ás vítimas para darlles apoio técnico e información para previr novos ataques e tamén con asesoramento legal.

Isto irá acompañado pola elaboración dunha guía informativa sobre os dereitos das vítimas do acoso e a violencia dixital, con pautas básicas de seguridade informática e recomendacións para salvagardar evidencias que poidan ser constitutivas de delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade