Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre a cantante galesa Bonnie Tyler aos 75 anos

Morre a cantante galesa Bonnie Tyler aos 75 anos

A interpréte fora intervida de urxencia nun hospital de Portugal no pasado maio

Bonnie Tyler durante unha actuación no Multiusos Fontes do Sar de Santiago en 2021 (Eruopa Press/César Arxina) Bonnie Tyler durante unha actuación no Multiusos Fontes do Sar de Santiago en 2021 (Eruopa Press/César Arxina)
G24.gal 09/07/2026 11:18 Última actualización 09/07/2026 12:08

A cantante galesa Bonnie Tyler morreu aos 75 anos, segundo un comunicado publicado na súa páxina web.

Nacida na localdiade de Neath, en Gales, en 1951, a interprete será sempre recordada pola súa voz áspera e rachada que lles daba ás súas cancións un estilo inconfundible en temas tan recoñecidos como "It's a Heartache", "Holding Out for a Hero" ou "Total Eclipse of the Heart".

"A familia e o equipo de Bonnie anuncian con gran pesar que Bonnie faleceu inesperadamente onte á noite nun hospital de Portugal como consecuencia da enfermidade pola que estaba a ser tratada", di a nota.

"Emitiremos outro comunicado en breve, pero por agora pedimos privacidade para afrontar esta traxedia", conclúe a mensaxe da web da artista.

A cantante levaba desde o pasado mes de maio en coma inducido tras someterse a unha intervención cirúrxica intestinal de urxencia en Portugal. O mes pasado, o seu portavoz afirmou que saíra do coma, pero que seguía moi grave e en coidados intensivos.

O seu legado, que inclúe 18 álbums de estudo, levoulle a optar a tres premios Grammy entre 1984 e 1995, así como a outros tres premios Brit en 1977, 1984 e 1986. E aínda que non chegou a gañalos, o seu inconfundible estilo sitúana como unha das compositoras máis persoais das últimas décadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade