Condenado a 52 anos de cárcere o sarcedote malagueño acusado de agredir a catro mulleres
A Audiencia impón tamén indemnizacións ás vítimas e declara responsable civil subsidiario o Bispado de Málaga
EuropaPress
A Audiencia Provincial de Málaga condenou a 52 anos de prisión o sacerdote Francisco J.C., de 35 anos, acusado de sedar e agredir sexualmente catro mulleres entre 2014 e 2018.
A sentenza declarao culpable de catro delitos de agresión sexual tres deles con penetración e de catro continuados de descubrimento e revleación de segredos.
Ademais da pena de prisión, o condenado deberá indemnizar cada unha das vítimas polas secuelas psicolóxicas e os danos morais sufridos. Do pagamento responderá como responsable civil subsidiario o Bispado de Málaga.
A diocese sostivo durante o proceso que os feitos se produciron no ámbito privado e fóra de actividade relixiosa, aínda que o bispo de Málaga, José Antonio Satué, xa anunciara que a Igrexa repararía economicamente o dano causado ás vítimas.