Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un peón queda ferido grave ao ser atropelado en Sanxenxo

Un peón queda ferido grave ao ser atropelado en Sanxenxo

O accidente puido deberse a un descoido do condutor, que deu negativo nas probas de alchol e drogas

O ferido foi trasladado ao Hospital Montecelo cun golpe na cabeza

G24.gal 09/07/2026 11:14

Un peón quedou ferido grave ao ser atropelado por un turismo na Avenida de León, no municipio pontevedrés de Sanxenxo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 08:00 da mañá deste xoves na parroquia de Padriñán. Ata alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Policía Local e os membros do GES de Sanxenxo.

Finalmente, o ferido foi trasladado ao Hospital Montecelo, en Pontevedra, cun golpe na cabeza.

Fontes municipais trasladaron que o accidente puido deberse a un descoido do condutor, que deu negativo nas probas de alchol e drogas.

Tanto o ferido como o condutor son veciños da localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade