Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros dan por estabilizados todos os incendios de Cataluña

Os bombeiros dan por estabilizados todos os incendios de Cataluña

En Huesca continúa activo un incendio forestal que xa arrasou cen hectáreas e obrigou a confinar durante varias horas o concello de Albelda

G24.gal 09/07/2026 13:39

Os bombeiros da Generalitat dan por estabilizados todos os incendios de Cataluña e afrontan outra xornada complicada polas altas temperaturas e a escasa humidade.

Despois dunha noite de intenso traballo, os Bombeiros da Generalitat catalá conseguiron estabilizar os catro incendios declarados simultaneamente este mércores pola tarde.

Nas últimas horas quedaba estabilizado o de Guimerá, na comarca ilerdense do Urgell, e antes sucedía o mesmo cos de Gavá e Navarcles, ambos os dous na provincia de Barcelona, e o de Pla de Manlleu, na de Tarragona.

Tamén se conseguiron estabilizar os incendios de Sentmenat e o da comarca da Anoia, mentres que se mantén en fase de control o do macizo xerundense de Les Gavarres despois de queimar máis de 2.000 hectáreas.

Protección Civil levantou xa o confinamento de 16.000 veciños que residían en zonas próximas aos lumes.

Na veciña comunidade autónoma de Aragón, continúa activo o incendio declarado na comarca oscense de La Llitera, que obrigou a confinar durante varias horas o concello de Albelda. A superficie queimada é de cen hectáreas de terreo agrícola e monte baixo. Na extinción do lume participa persoal das diferentes administracións públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade