A tortilla galega, con patacas e ovos da terra
Aínda que agora se fale moito de prezos e de orixes, en Galicia a receita segue a ser a de sempre, e iso, agora mesmo, é a mellor das garantías
Pataca galega e ovo galego. Así se fai a tortilla en boa parte dos locais hostaleiros galegos, aínda que agora segundo contan os hostaleiros se fale moito de prezos e de orixes. Comentan que ultimamente hai un pouco de tendencia de tirar a pataca francesa, de fóra, que vén sendo pataca vella. "Supoño que por prezo porque a que hai aquí é moito mellor, sobre todo agora que está arrancando a tempada".
É o que marca a diferenza entre unha tortilla que se desfai na tixola e outra que aguanta a fritura coa textura de sempre. Non é un capricho. Traballar con produto local é garantía e o cliente nótao.
"Unha gústache e a outra... A pataca de aquí é moi boa". "O outro día estivemos en Betanzos, e foi algo que nos encantou, o produto galego é boísimo", comentan.
Mentres noutros lugares ábrese o debate sobre a orixe da pataca, nas cociñas galegas, a resposta xa a deron hai tempo.