Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo de Lugo sufriu varias queimaduras tras explotar a bombona de gas da cociña

Un mozo de Lugo sufriu varias queimaduras tras explotar a bombona de gas da cociña

O rapaz estaba cociñando cando se produciu a deflagración e queimouse nas pernas

A a onda expansiva só provocou danos na súa vivenda, todo apunta como causa a deficiencias na instalación

 

G24.gal 09/07/2026 14:08

Un mozo de Lugo sufriu queimaduras no corpo logo de que explotase a bombona de gas da súa cociña.

Foi á hora de comer, polo que había xente nos pisos do edificio. Escoitouse un grande estrondo. E tras el o cheiro a gas.

"Alertábanos o 112 de que había unha acumulación de gas e que escoitaran un estrondo compatible cunha explosición, desprazouse unha dotación e viu que había unha persoa ferida con queimaduras", explica Enrique López, Cabo do Parque de Bombeiros de Lugo.

O ferido é o único inquilino da vivenda, estaba cociñando cando se produciu a deflagración. Trasladárono ao hospital, mentres os bombeiros revisaban o resto do edificio. 

"Valorar se había máis fugas, fixeronse medicións co explosímetro e comprobouse que todo estaba ben", engade o cabo dos bombeiros.

A explosión so afectou a cociña do piso, pero os veciños do edificio levaron un bo susto. No no exterior só se decataron do sucedido pola presenza da policía e bombeiros.

"Foi un susto, unha fuga de gas", di un veciño; outro comenta: "Eu só vin os bombeiros e a policía"

Todo apunta como causa a deficiencias na instalación. É importante revisar que non haxa fugas e levar ao día o mantemento de gomas e válvulas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade