Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Non camiñas soa", a campaña coa que se pretende impulsar a seguridade no Camiño de Santiago

"Non camiñas soa", a campaña coa que se pretende impulsar a seguridade no Camiño de Santiago

Varias peregrinas denunciaron nos últimos anos ser vítimas de acoso sexual mentres camiñaban en dirección a Santiago

Os carteis informativos distribuídos polo Camiño inclúen un código QR e promoven a descarga dunha aplicación móbil para enviar alertas á Garda Civil en tempo real

Nesta campaña implícanse os distintos corpos de seguridade, así como albergues, farmacias, centros de saúde ou oficinas de turismo

 

G24.gal 09/07/2026 15:16

"Non camiñas soa". É o lema da campaña coa que se pretende impulsar a seguridade no Camiño de Santiago e protexer as mulleres de posibles episodios de violencia machista. Presentouse este xoves en Melide.

Foron varias as peregrinas que nos últimos anos denunciaron ser vítimas de acoso sexual mentres camiñaban en dirección a Santiago. Esta campaña, na que se implican os distintos corpos de seguridade, así como albergues, farmacias, centros de saúde e oficinas de turismo da ruta xacobea, intenta evitar que se repita.

"A seguridade das mulleres é a do conxunto da sociedade", dixo Aina Calvo, Secretaria de Estado de Seguridade. "O Goberno está comprometido coa seguridade no Camiño", insistiu o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Os carteis informativos distribuídos polo Camiño inclúen un código QR e promoven a descarga dunha aplicación móbil para enviar alertas á Garda Civil en tempo real

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade