Aparece aboiando o corpo sen vida dun home no río Arenteiro, no Carballiño
Foi rescatado por efectivos de bombeiros
Na zona foron localizados apeiros de pesca, e todo apunta a que puido sufrir unha indisposición
O servizo de emerxencias de AXEGA informa da localización do corpo dun home de 50 anos que apareceu aboiando no Carballiño, no río Arenteiro. Aconteceu este mércores á mañá, despois de que unha persoa alertase o 112 tras divisar o cadáver preto da beira.
Na zona foron localizados apeiros de pesca, e todo apunta a que puido sufrir unha indisposición.
Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros, que procederon ao seu rescate, e tamén de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Garda Civil.
Ao chegaren, os sanitarios comprobaron que o home estaba xa falecido. O corpo foi trasladado ao Hospital de Ourense para a realización da autopsia. De momento, descoñécense as circunstancias do falecemento,
#AXEGAInforma da localización dunha persoa falecida📍río Arenteiro, #OCarballiño
— 112 Galicia (@112Galicia) July 8, 2026
▶️Os bombeiros están preparando o rescate
🚨Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Servizo Municipal de Protección Civil, Garda Civil pic.twitter.com/NRZ3KZPAyo