Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cúmprense dúas semanas dos terremotos: Venezuela eleva a 3.811 os mortos, 40 deles españois, e prepara un plan de vivenda

Cúmprense dúas semanas dos terremotos: Venezuela eleva a 3.811 os mortos, 40 deles españois, e prepara un plan de vivenda

O Goberno proxecta cidades antisísmicas para os afectados mentres que a ONU pide flexibilizar as sanción para facilitar a recuperación 

Albares eleva ata os 40 o número de españois falecidos en Venezuela e mantén en 138 os desaparecidos

Europa Press / Contacto / Laura De Chiclana
G24.gal 09/07/2026 09:05

Vanezuela elevou este mércores a 3.811 o número de vítimas mortais dos terremotos rexistrados hai dúas semanas, mentres que a cifra de feridos se mantén en 16.740 e a de persoas rescatadas en 6.452, segundo o último balance oficial. 

 O ministro de Asuntos Exteriores, Cooperación e Unión Europea, José Manuel Albares, elevou este xoves a cifra de españois falecidos tras o dobre sismo en Venezuela ata os 40, catro máis que na última actualización proporcionada polo Ministerio este mércores pola mañá.

Nunha entrevista en 'La Mirada Crítica' de Telecinco, recollida por Europa Press, o titular de Exteriores confirmou tamén que o número de desaparecidos mantense en 138 e que os españois localizados baixo os entullos seguen sendo 11.

O Executivo venezolano comezou xa a deseñar un plan de vivenda para as máis de 17.900 persoas que perderon a súa casa como consecuencia dos sismos. 

Plan de reconstrucción 

A presidenta en funcións, Delcy Rodríguez, explicou que un grupo de expertos está a localizar os terreos nos que se levantarán cidades antisísmicas e fixo un chamamento a empresas nacionais e inernacionais para acelerar a consrución de novas vivendas. 

O subsecretario xeral da ONU para Asuntos Humanitarios, Tom Fletcher, avanzou que as Nacións Unidas está a recadar fondos para levar ao país vivendas prefabricadas que permitan ofrecer unha solución habitacional aos damnificados. 

Axuda internacional e recuperación 

Fletcher tamén defendeu a felxibilización das sancións sobre Vezuela para facilitar a chegada de axuda humanitaria e impulsar a recuperación económica tras a catástrofe. Delcy Rodríguez insistiu en reclamar o levantamento das restricións internacionais e informou de contactos co Fondo Monetario Internacional para desbloquear recursos. 

Mentres continúan as tarefas de asistencia, este mércores foi localizado entre os cascallos o corpo sen vida dun neno arxentino-venezolano de nove anos desaparecido desde os terremotos. Ademais, o Goberno venezolano recoñeceu o labor dos equipos de rescate da Unión Europea e de México, que participaron nas operacións de salvamento. 

Na rexión de La Guaira, unha das máis afectadas polos sismos, a actividade comercial segue moi limitada e as organizacións empresariais estiman que máis de 250 pequenos e medianos negocios sufriron danos totais ou parciais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade